A CIG convoca mobilizacións en todas as comarcas para “defender o emprego e as prestacións sociais”

A CIG convoca mobilizacións en todas as comarcas para “defender o emprego e as prestacións sociais”

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Baixo o lema En defensa do emprego e as prestación sociais, a CIG conmemora o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. A central sindical convoca para mañá martes mobilizacións en todas as comarcas galegas para lembrar os sucesos de 1972, nos que os traballadores Daniel e Amador faleceron a mans da policía franquista, e para reivindicar os dereitos laborais en tempos

A CIG adoitaba conmemorar o 10 de marzo con manifestacións en Vigo e Ferrol, pero nesta ocasión, dada a gravidade da crise económica, amplíanse os actos reivindicativos a todas as comarcas. O secretario comarcal de Vigo, Xerardo Abraldes, asegurou nos micrófonos de Radiofusión que resulta “imprescindible” mobilizarse  e que manexan a posibilidade de convocar unha folga xeral se non se toman “medidas inmediatas”.

No Día da Clase Obreira Galega a CIG protesta pola elevada taxa de destrución de emprego e solicita a ampliación do dereito á cobertura das prestacións. Nesa liña, fan especial fincapé nunha vella reivindicación da organización: a creación do salario de inserción social.

Sociedade