A CIG-Ensino reclama a creación da Lei de Ensino de Galicia para a nova lexislatura

A CIG-Ensino reclama a creación da Lei de Ensino de Galicia para a nova lexislatura

02 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, realizou balance da lexislatura do bipartito en materia de Educación, na cal criticou a ausencia dunha Lei Galega de Educación, e para o sistema universitario así como a falta do Estatuto Galego do Profesorado, por parte da xestión da Consellería liderada por Laura Sánchez Piñón.

En rolda de prensa, Louzao criticou o incumprimento do decreto pola normalización lingüística no ensino, xa que todavía non se imparten o 50 por cento das materias en galego. Asimesmo, entre os incumprimentos da Consellería, destacou que tampouco se sacou adiante a dotación do 6 por cento do PIB para educación, a reducción a 15 alumnos por aula en infantil, ou a elaboración dun plan contra o fracaso escolar. Entre os puntos graves da xestión de Sánchez Piñou, resaltou a consagración da privatización no ensino que exemplifican os máis de 250 millóns destinados a centros concertados ou privados. Neste senso, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, esixiu un cambio de dirección para a próxima lexislatura na que se garantan os recursos necesarios para o alumnado, unha maior contratación e mellores condicións para o profesorado e unha aposta polo ensino público. Entre outras cousas, a CIG-Ensino demandou a consecución dun acordo para garantir a estabilidade dos mestres e unha solución para reequilibrar as eivas en actividades extraescolares, xa que a súa inclusión “debeuse a que os concellos puxeron da súa parte” mentres que a Administración “non fixo nada para asegurar un mínimo de dous asignaturas por centro”.
Sociedade