A CIG medra

A central nacionalista agarda que os resultados axuden a retomar o diálogo.
26 de Abril, 2019 - 10:11 h. | Publicada por Radio Fene

A CIG gaña as eleccións á Xunta de persoal do Concello de Fene. En semanas celebraranse as eleccións ao Comité de Empresa.

urna

A central sindical nacionalista fíxose con 3 dos 5 delegados/as que conformarán o órgano de representación do funcionariado. Nas eleccións sindicais para representantes do funcionariado participaron un total de 59 traballadores/as dun censo total de 62 funcionarios/as, o que supón unha participación do 95,16%. Nestas elección concorreron tres candidaturas: CIG, que conqueriu 39 votos o que lle da 3 delegados (1 máis que no 2015); A UXT acadou 11 votos e 1 delegado o mesmo que no 2015; e a CSIF con 9 votos conqueriu tamén 1 delegado, perdendo un con respecto ao 2015.

Os/as representantes da CIG din que van seguir traballando arreo para promover un clima de diálogo, boa fe negociadora e respecto mutuo que lles permita sentar as bases de futuros acordos. Asemade, a CIG quere revalidar a súa maioría nas eleccións ao Comité de Empresa, órgano de representación do persoal laboral, que terán lugar nas vindeiras semanas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora