A CIG pide a dimisión do director da Residencia de Maiores de Ferrol

A CIG pide a dimisión do director da Residencia de Maiores de Ferrol

02 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Acusamos directamente á conselleira de Traballo da situación de abandono e deterioro na prestación de servizos da Residencia de Maiores de Ferrol”. Son as palabras verquidas este mediodía polo secretario do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da CIG en A Coruña, Xan Carlos Ansia. Desde o sindicato demándase a dimisión do director do centro de maiores de Caranza polo que están a recoller sinaturas que

Os delegados e delegadas do Comité de Empresa da Residencia Mixta de Ferrol piden que non se lle renove a comisión de servizos ao director, acordada polo actual goberno da Xunta. Esgrimen unha falla total de diálogo e capacidade de negociación cos traballadores e usuarios e inoperancia na xestión de problemas cotiás. Ademais cúlpano do deterioro das instalacións e do abandono total do centro durante o verán. Desde a CIG, critican a designación a “dedo” deste cargo e responsabilizan á conselleira de Traballo, Beatriz Mato.

Sociedade