Cinco días mergullados no mundo do mel

Cinco días mergullados no mundo do mel

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Goente organiza neste mes de outubro un evento adicado ao mel. A Casa do mel desta parroquia das Pontes (A Coruña) acolle dende o 20 ata o 25 de outubro ás X Xornadas apícolas do Eume. O programa inclúe cata de mel, obradoiros e conferencias.

Os obradoiros de cera e mel, para escolares abren dende o 20 ata o 22 de outubro as xornadas apícolas. Nos  talleres aprenderanse os métodos de extracción e envasado do mel e a elaboración de candeas e frores con cera de distintas cores. Ademáis haberá proxeccións de videos apícolas, daranse a coñecer programas informáticos sobre a vida da abella e unha degustación do mel con outros produtos da comarca.

A conferencia “ O mel na cociña galega” levarase a cabo o 23 de outubro por parte de Antonio Díaz Calvo, propietario do restaurante Andarubel sito nas Fragas do Eume. A segunda cata de meles terá lugar o 25. As mostras presentaranse ao concurso en botes de mil gramos baixos sen etiqueta. O mellor mel claro e oscuro levarán diploma de recoñecemento.

O 25 de outubro rematan as xornadas coa segunda das conferencias “cocinando con mieles deTenerife” conducida polo restaurador Pedro Rodríguez Dios. Presentaranse pratos feitos con este produto e entregaranse galardóns aos mellores meles.

Todas as actividades destas X Xornadas apícolas do Eume desenvolveranse na Casa do Mel de Goente. A cita, dende o 20 ata o 25 de outubro.

Sociedade