Cinco expulsados dun equipo

Cinco expulsados dun equipo
19 de Marzo, 2024 - 08:47 h. | Publicada por Radio Fene

O árbitro expulsou a catro xogadores do Val e ao auxilliar no partido da Primeira Galicia de fútbol celebrado o domingo ás doce da mañá en Ordes. O equipo local venceu por dous a cero no encontro disputado no municipal de Vista Alegre. O Val continua na primeira posición da categoría levándolle oito puntos de vantaxe ao segundo clasificado, o Meicende. Recibirá a próxima xornada no campo de Sinde ao Perlío.

Fotografia Xan Xe

O Val leva tres xornadas sen conseguir a vitoria, terá catro baixas no próximo partido e unha certa sensación de que as cousas non saen como queren. A pesar desas circunstancias, O Val continua a ser o primeiro da clasificación da Primeira Galicia de fútbol.

 

Na imaxe, o Perlío - Ordes, xogado no campo dos Pinares.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora