Cinensino

A ferramenta de traballo é o cinema. O cine contra as conductas aditivas.
20 de Febreiro, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

Preto de 680 alumnos e alumnas de Fene, Mugardos e Neda participan en Cinensino. Os concellos impulsan conxuntamente o programa en colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Trátase dun programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC.

Un total de 679 alumnos e alumnas de 13 centros educativos dos municipios de Fene, Mugardos e Neda participan dende este mes e ata marzo no programa Cinensino que impulsan os tres concellos co proxecto de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde no eido local e co apoio da Consellería de Sanidade. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema. Así, mediante a proxección dunha película traballase en diferentes temas relacionados coa prevención do consumo de drogas.

O programa vai dirixido á poboación escolar de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ao profesorado que imparte clases nestes niveis como axentes executores do mesmo e ás familias que, mediante as ANPAS, teñen a posibilidade de organizar sesións para traballar os contidos da pelicula e con esa información desenvolver habilidades educativas que provoquen un efecto multiplicador na promoción da saúde. As sesións nos centros contemplan o visionado da película e a entrega da unidades didácticas dirixidas ao alumnado e outras ao profesorado,para traballar na aula. Cada unidade didáctica desenvolve unha serie de explicacións que, dirixidas polo profesorado, permiten definir e orientar os contidos sobre os que se vai traballar e consta dunha serie de exercicios e actividades que facilitan a reflexión e participación do alumnado. Por último, ofértase un curso de formación do profesorado en Prevención de Drogodependencias a través dunha plataforma de teleformación en Internet dirixido a todos aqueles profesionais do ensino que estean interesados en ampliar os seus coñecementos no campo da prevención escolar.

As sesións comezaron este mes coas proxeccións dos filmes “Los Futbolísimos” para Primaria e “Aurora” para Secundaria e prolongaranse durante marzo. No caso de Fene, os centros participantes son: CEIP Centieiras, Jorge Juan, CPI Xunqueira e IES Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora