Circulaba sen carnet, sen a ITV e en dirección prohibida

Circulaba sen carnet, sen a ITV e en dirección prohibida

25 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Detido un mozo de 23 anos por un delito contra a seguridade do tráfico logo de circular en dirección contraria polo Paseo da Xunqueira o martes de entroido.Axentes da Policía Local de Redondela detiveron a un mozo de nacionalidade marroquí como suposto autor dun delito contra a seguridade do tráfico e resistencia á autoridade despois de circular en dirección contraria polo Paseo da Xunqueira cara a praza da II República.

Os feitos producíronse ás 20:20 horas do martes cando o centro da vila estaba ateigada de xente que se achegaba ao concello para presenciar a queima do meco. Un vehículo, Volkswagen Golf que saía do parking da Xunqueira con catro ocupantes saltouse as sinais de prohibido. Axentes da policía local déronlle o alto e un dos ocupantes saiu fuxindo sendo alcanzado nas inmediacións da praza da Constitución onde se procedeu á súa detención. Comprobouse ademais que o condutor do turismo carecía de carnet de conducir e que o vehículo non tiña pasado a revisión obrigatoria da ITV. Os catro ocupantes foron trasladados a dependencias policiais e está previsto que hoxe pasen a disposición xudicial.

Sociedade