Cita previa para botar unhas risas

O teatro ocupa a actualidade de Fene o próximo sabado dia 11 de xaneiro.
07 de Xaneiro, 2020 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola de Teatro Juan López Allegue (Fene) pecha as Xornadas teatrais da Sociedade Agarimo de Sillobre que se iniciaron no mes de novembro.

ESCOITA O PODCAST:

Agarimo pecha as súas xornadas teatrais e faino coa representación da obra “Cita previa” a última estrea da Escola de Teatro “Juan López Allegue” . Escoitamos á directora da escola, MC Martínez, falarnos desta obra que volve ter aire de comedia e crítica social, dous elementos dos que gosta o público de Sillobre. A cita previa é, neste caso, a que piden uns xubilados para facer a declaración da renda en Facenda. Bruno Aneiros é director de montaxe e actor da escola que dende hai uns meses leva o nome dun veciño de Sillobre moi ligado ao teatro “Juan López Allegue” do que se cumple o primeiro cabo de ano dentro duns dias.

A Escola de Teatro de Agarimo leva en activo desde o 2007 cos mesmos azos que ao principio. No parecer dos seus compoñentes, ir ensaiar é unha ledicia e un dos mellores momentos da semana. Eles serán os encargados de pechar unhas xornadas que se iniciaron no pasado mes de novembro. As Xornadas Teatrais Juan Galdo Fachal, nas que tamén participou a Agrupación teatral Agarimo coa comedia “Aquí mando eu” dirixida por Andrés Picallo, péchanse o sabado 11 de xaneiro con “Cita previa” da Escola de Teatro Juan López Allegue. A representación comezará ás 19 horas. (Na imaxe, MC Martínez e Bruno Aneiros).

Cultura

Publica o teu comentario agora