Ciudadana, unha lírica estadounidense

Analizamos en Viaxes polos libros a obra de Claudia Rankine
04 de Novembro, 2020 - 07:18 h. | Publicada por Radio Fene

Claudia Rankine é unha poeta, ensaísta e dramaturga jamaicana que aos sete anos de vida chegou a Nova Yorke. É membro da Academia de Poetas Americanos.​ A súa obra “Ciudadana. Una lírica americana”,  testemuña das consecuencias individuais e colectivas do racismo, gañou numerosos premios. Achegámonos a ela no espazo “Viaxe polos libros” co profesor Noel Blanco.

ESCOITA O PODCAST:

O título xa da pistas de diante de que tipo de libro estamos. “Son reflexións de carácter ensaístico, preocupacións que ela ten sobre o racismo casual, as microagresións contra os afroamericanos” explica Blanco. Estamos diante dun híbrido, entre a poesía e o ensaio, de gran dominio da linguaxe e onde a técnica de poeta está moi presente. Afirma o profesor na Universidade de Chicago que as reflexións son moi breves.

Ela intenta non documentar como unha xornalista senón mesturar os sucesos coas experiencias vividas. "A linguaxe ten un pé firme na poesía porque intenta invocar as sensacións, que a xente se faga preguntas, sen necesidade de botar man dun manifesto ou dun panfleto". En “ Ciudadana, una lírica americana” Rankine deixa claro que os dereitos cívicos existen na teoría pero non na praxe porque o Estado lexitima a actuación da policía cos afroamericanos e porque a policía protexe á xente con propiedades. Nos EEUU deféndese a propiedade.

Cultura

Publica o teu comentario agora