A clínica e balneario de Hijas de Galicia

A clínica e balneario de Hijas de Galicia
29 de Setembro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

O Hospital do Centro Galego da Habana só atendía aos homes. Por iso, o 12 de outubro de 1924 crease a sociedade “Hijas de Galicia” para prestar atención médica ás mulleres. En 1958 chega ás 58.000 asociadas, indica a presidenta da federación de asociacións de emigrantes galegas na Habana Caridad Fernández. Participa en actos na Capela e en Caamouco esta fin de semana.

ESCOITA O PODCAST:

Secundino García e Caridad Fernández falan da asociación Fillos do Concello da Capela na Habana

http://173.255.131.18/audio/290923FERNANDEZ.mp3

Secundino García e Caridad Fernández en Radio Fene

Caridad Fernández é presidenta da agrupación Fillos do Concello de A Capela na Habana. Tamén dirixe a federación de 35 entidades galegas na capital cubana. O sábado 30 ás seis da tarde intervirá nun acto no salón de actos do Concello da Capela. Falará da xénese e evolución da sociedade “Fillos do Concello da Capela”. No Museo Etnográfico inaugurarase a exposición sobre a emigración “Lembrar para volver a vivir”. O domingo ás seis da tarde participará na Agrupación Instrutiva de Caamouco nun acto no que se proxectará un documental sobre a clínica e o balneario de Hijas de Galicia en Cuba. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora