Clangor transfórmase en ‘thriller’ musical

Clangor transfórmase en ‘thriller’ musical

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O director e produtor Pablo Iglesias levará á pantalla a historia dun recinto que naceu da imaxinación de Fernando Pereira e que rebentou por mor da bomba que colocaron dous membros do Exército Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. O volume dos bafles detonou o explosivo cando non estaba previsto e morreron os dous guerrilleiros e unha moza que estaba na discoteca. Os feitos formarán parte dunha longametraxe que se insire no 20 aniversario da fin de Clangor. O 11 de outubro de 2010, o Multiusos do Sar, en Santiago, acollerá un concerto en lembranza do que fora o máis célebre refuxio do rock en Galicia.

Cultura