Clasificarse canto antes

Mugardos B 1 - Cultural Maniños 2
14 de Outubro, 2019 - 11:06 h. | Publicada por Radio Fene

Un partido equilibrado pero que se decantou pola victoria do Maniños, cuteloso na primeira parte e máis activo na segunda.

ESCOITA O PODCAST:

O campo estaba perfecto no Galicia de Mugardos B 1 - Cultural Maniños 2,  da segunda autonómica. Un partido equilibrado, en palabras do técnico do equipo que se levou os tres puntos, Pablo Mesa. O Maniños saíu cauteloso ao terreo de xogo porque tiña medo a cometer un erro. A pesar diso foi súa a posesión do balón (80%). Para erro, o penalti ao seu favor que fallaron. Na segunda parte encontráronse mellor, con máis ritmo, mentres os rivais baixaron a forma. Así chegou o primeiro gol do Maniños que pronto foi contestado polo Mugardos B co empate. Fuguillas meteu o segundo e definitivo tanto do encontro.

Para Pablo Mesa, o resultado é moi bo porque están de segundos a un punto do primeiro para clasificarse canto antes. O próximo choque será Cultural Maniños- Numancia, un gran equipo, claro aspirante a clasificarse tamén. Pablo Mesa confía na boa racha e en que xogan na casa. No campo do Pote segue avariado o sitema de rego pero, como vai chover toda a semana, seguramente ese non será un problema.

Deportes

Publica o teu comentario agora