Clausura do programa “Voluntariado Verde” 2010

Clausura do programa “Voluntariado Verde” 2010

17 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Medio Ambiente, clausurou onte no Salón de Plenos da Casa Consistorial o seu programa de Voluntariado Verde que se iniciara a principios deste ano. Ao acto de clausura acudiron o edil responsable do departamento de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, e o Director da Sucursal de Ordes da Oficina Nova Caixa Galicia, Héctor Monelos Díaz, quen asistiu en representación da Obra Social que lle concedera ó Concello

A presentación da memoria de actividades correu a cargo desta persoa, beneficiaria da beca e encargada de coordinar as distintas actividades durante este ano, Beatriz Busto, veciña do Mesón do Vento que conduciu maxistralmente ós voluntarios nos distintos bloques de actividades que conformaba o programa de Voluntariado Verde. Unhas actividades entre as que se encontraron a limpeza de ríos, a posta en valor dos roteiros do municipio, rutas de sendeirismo, charlas informativas sobre diferentes cuestións relativas ao medio ambiente, así como obradoiros e diferentes iniciativas dirixidas á concienciación dos cidadáns, tanto para nenos como para maiores.

A intención da concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes é a de seguir traballando neste proxecto e preparar xa a súa xestión de 3 cara ó ano 2011 esperando poder continuar coa mesma. Con esta intención, onte no acto de clausura se deu a coñecer a plataforma informática que está dispoñible na web do Concello de Ordes www.concellodeordes.com. e na que se recolle toda a información sobre o proxecto así como a posibilidade de descargar a ficha de participación en Voluntariado Verde para tod@s aqueles interesados en formar parte desta iniciativa de cara ó ano próximo.  

O concelleiro Jesús Pedreira insistiu unha vez máis en que, "é de destacar e agradecer a gran labor que levaron a cabo os nosos voluntarios que de forma desinteresada contribuiron coa súa participación nos distintos bloques de actividades do programa de Voluntariado Verde a coidar e fomentar o respeto polo noso patrimonio natural e sin os que este proxecto non se podería levar a cabo".

Sociedade