A clientela é espectacular

A clientela é espectacular
05 de Febreiro, 2020 - 08:53 h. | Publicada por Radio Fene

A clientela de Barallobre é espectacular afirma Ramón Criado que abriu a carnicería do Piqueiro o pasado dous de xaneiro. A pesar da costa de xaneiro, está moi satisfeito da resposta da cidadanía. O outro dia veu unha señora en taxi e ven a xente a pé.

ESCOITA O PODCAST:
Samuel e Ramón Criado. Carnicería O Piqueiro

A carnicería O Piqueiro (Estrada da Palma, 98 baixo. Barallobre. 15528 Fene. Teléfono 609833038) ofrece lacóns asados e todo tipo de recheos. Abre tamén os domingos pola mañá e serven o produto a domicilio. Selecciona produto de calidade, gando do pais. Os becerros vai el escollelos pola zona de Oza, Cesuras e Curtis. Pero tamén vende porco, coello e polo.
Ramón Criado traballou como carniceiro no Día do Penedo, Sada, Betanzos e en San Xoan de Piñeiro. Agora decidiu montar o seu establecemento nun local ben colocado e moi ben equipado.

Sociedade

Comentarios

O número de teléfono está equivocado e o 609833038
Nome: 
Ramón Criado Buyo

Publica o teu comentario agora