Coñece a lingua galega

Coñece a lingua galega

21 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, aposta polo uso e o bo coñecemento do idioma galego entre os seus cidadáns e cidadás. Así, promove cursos gratuítos para prepararse e poder presentarse aos exames que dan dereito á obtención dos títulos CELGA 1,  (para inmigrantes e persoas que non t

O concelleiro de Normalización Lingüística de Ferrol, Manuel Santiago, informou esta mañá que o Concello vén de abrir o período de matrícula para estas accións formativas. As persoas interesadas en participar tan só teñen que presentar as súas instancias no Rexistro Xeral do Concello, situado na pranta baixa da Casa do Concello antes do 28 de febreiro. 

Os niveis 1 e 2 desenvolveranse en horario de mañá, de 10 a 12,30 horas, nas aulas da UNED (rúa María); os cursos dos niveis 3 e 4 serán polas tardes, no IES Concepción Arenal, en horario de 19 a 21,30 horas. O carácter dos cursos, de 75 horas de duración, é gratuíto e non hai límite de prazas. Os cursos comezarán o vindeiro 6 de abril e se poderá inscribir no nivel que se desexe, aínda sen ter o nivel anterior, para acceder a un superior. O responsable das políticas lingüísticas de Ferrol tamén explicou que o prazo de inscrición para poder presentarse aos exames, que terán lugar no mes de xuño, remata o 29 de abril. Os interesados deberán matricularse nas oficinas do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

Cultura