Co 15M a xente reaprópiase da política.

Co 15M a xente reaprópiase da política.

20 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Cuando sucede lo inesperado. El 15M y la izquierda” é o título do libro do catalán, Ferrán Pedret, onde reflexiona sobre o movemento nacido na primavera pasada. Escríbeo en plena Praza de Cataluña mentras asiste a debates e reflexións entre centos de persoas indignadas. Pedret presentou o libro onte en Ferrol arroupado pola xente de Fuco Buxán.  O libro tenta responder a varias preguntas. Unha delas é ¿por qué eme

O autor analiza tamén nestas páxinas, qué ten de positivo o movemento do 15M e o seu eco mediático.  Entre as reflexións que provoca o libro de Pedret sobre o movemento dos “indignados” poderíamos quedarnos con estas duas ou tres que o autor soltou onte en Ferrol:  
1. Moita xente descubríu por primeira vez que non está soa e entra nun proceso de aprendizaxe sobre como construir o “colectivo”
2. O movemento ten vocación internacionalista porque a nova xeneración ten o global na cabeza.
3. O movemento pode ser apartidista pero non apolítico. A xente empeza a reapropiarse da política.

Afirmou Pedret que estamos diante dunha impugnación á democracia. Unha enquisa realizada en Cataluña arroxou un dato moi significativo; o 60% da xente entrevistada manifesta sentirse próxima ao movemento do 15M.

“Cuando sucede lo inesperado. El 15M y la izquierda” de Ferrán Pedret véndese na Galería Sargadelos de Ferrol. 

Sociedade