Co Felicia Pop e o Fenerock

Co Felicia Pop e o Fenerock
27 de Xullo, 2023 - 07:07 h. | Publicada por Radio Fene

Asinados os convenios das subvencións que dá o Concello de Fene para a organización dos festivais Felicia Pop e Fenerock 

 

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e representantes das asociacións culturais Felicia e Centolos reuníronse este xoves na Casa do Concello para asinar os convenios de colaboración entre o Concello de Fene e ámbalas dúas entidades ao obxecto de organizar os festivais Felicia Pop Festival e Fenerock 2023. Son, en total, 22.000€ para financiar as dúas actividades. 11.000 para cada unha das sociedades. Con estas achegas, o Goberno Municipal de Fene pretende apoiar a organización de dous certames que, pola súa traxectoria e especial interese, son xa un referente no calendario de festivais de música en Galicia. Os dous convenios asinados este mediodía son “prepagables”, o que significa que, a partir da sinatura dos documentos, as entidades beneficiarias percibirán un 70% da contía asignada, sen ter que agardar á xustificación da subvención. Desta maneira, as entidades Felicia e Centolos A.C. poderán afrontar con maior tranquilidade os numerosos gastos por adiantado que supón a organización de dous festivais da categoría do Felicia Pop e do Fenerock.



 

Cultura

Publica o teu comentario agora