Co verán chega a calor

Co verán chega a calor
19 de Xuño, 2020 - 01:21 h. | Publicada por Radio Fene

Entre nubes e claros andará este final da primavera na comarca de Ferrolterra. Meteogalicia fálanos de que irán recuperando as temperaturas para pasar dos 20º. O luns mellora o tempo para entrar no verán con máis calor.

ESCOITA O PODCAST:

Con toda probabilidade teremos un San Xoán sen auga pero aínda faltan uns dias para corroboralo. Esta tarde Fene seguirá con ceos entre nubes e claros, vento suave e un lixeiro ascenso da temperature ata os 21º. Desde Meteogalicia, Alberto Romero adiántanos o tempo desta fín de semana en Fene e no conxunto da ría de Ferrol, cun sabado de ceos entre nubes e claros de novo e 22º de temperatura. O domingo entramos na nova estación do verán coa entrada dun sistema frontal que deixará ceos cubertos e non se descarta algunha choiva na comarca pola mañá. A partir do luns suben as temperaturas porque entraremos no radio de acción dun anticiclón e afectaranos unha masa de aire quente. “ A dia de hoxe podemos decir que a noite de San Xoán será boa, pero hai que decilo con cautela porque o tempo é mellor velo día a día”, afirma Romero.

 

 

(Imaxe da ría de Ferrol, coa ponte do tren e viaducto en Neda, ao fondo)

Sociedade

Publica o teu comentario agora