Coa mochila ao lombo pola rota do Norte

Coa mochila ao lombo pola rota do Norte

08 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Comezan esta fin de semana as Xornadas de Sendeirismo de Primavera que organiza o Concello de Fene. Aproveitando a conmemoración do Xacobeo, o programa de marchas artellado pola Concellería de Deportes reconvertiuse este ano nunha peregrinaxe a Compostela pola rota do Norte e en cinco fins de semana. Os participantes percorrerán a primeira etapa (Vilalba-Baamonde) na xornada do sábado, 10 de abril, e, a partir de aí, en fins de semanas sucesivas irán completando cad

“Para facer sendeirismo, buscamos o atractivo de coñecer o medio, o entorno e, incluso, a xente da zona, pero con certa tranquilidade”, afirma o monitor das Xornadas de Sendeirismo de Fene, Eduardo Lourido. O responsable da empresa “Oitomil Ocio e Aventura” asegurou a Radiofusión que un dos principais motivos polos que se escolleu esta rota do Norte foi, precisamente, o feito de non estar masificada. Salientou, ademais, como alicientes da peregrinaxe, a beleza paisaxística do Camiño e o non presentar grandes dificultades nin relevos no seu percorrido.

Aínda que a rota do Norte comeza en Oviedo, os peregrinos feneses realizarán o Camiño únicamente dende Vilalba. Na primeira xornada camiñarán ata Baamonde e logo, en fins de semana sucesivas, realizarán as seguintes etapas: Baamonde-Braña (17 de abril), Braña-Sobrado (24 de abril), Sobrado-O Pino (1 de maio), O Pino-Monte do Gozo (8 de maio) e Monte do Gozo-Santiago (9 de maio).

O monitor das Xornadas de Sendeirismo de Primavera de Fene, Eduardo Lourido, recomenda ás persoas que vaian participar na peregrinaxe que “comecen a camiñar uns días antes para habituar o corpo”. Aconsella tamén que empreguen calzado usado (botas de media cana ou zapazos de trekking) e roupa cómoda. Asemade, como equipamento básico, asegura que é moi importante que leven algo para comer e beber (preferentemente auga), unha visera para protexerse do sol e un chuvasqueiro.

Sociedade