Coa plantilla reforzada

O Barallobre prepárase para a tempada 2019/2020
14 de Agosto, 2019 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

O SD Barallobre comeza a pretempada. As oito e cuarto desta tarde no campo dos Pinares en Perlío xogará un amigable fronte o Mandiá. O sábado outro amigable no Ramo fronte ao Marte da Coruña. A vindeira semana xogarán o Trofeo Mesón O Campo diante do Cultural Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

O Barallobre comezará a Copa da ría fronte ao Vilarmaior o domingo un de setembro no campo do Ramo. Un Barallobre que mantén a preto do oitenta por cento do plantel do ano pasado aos que lles hai que sumar varias fichaxes: dous porteiros, Dopico procedente do Narón e Daniel do Amistade-Meirás, Dani Prieto, tamén do Meirás e Gabi, que ven do San Mateo. Xunto a éstes, contan con varios rapaces máis a proba. Manteñen tamén ao adestrador, Óscar Varela, coa incorporación de Victor Domínguez , como 2º adestrador e adestrador de porteiros.

Daniel Hermida, alias “Garecho” calificou a xestión da plantilla como "boa", reforzouse a plantilla e a directiva moveuse para buscar fichaxes en lugar de agardar a que viñesen. A día de hoxe o equipo descoñece o calendario para a vindeira tempada, aínda que se saberá axiña porque a competición comezará o domingo quince de setembro. Sen embargo, o obxectivo para este ano o teñen claro. Hai que pasar ao grupo bon, o ano pasado quedaron as portas así que este teñen que pelexar por chegar.

O ano pasado, o Barallobre chegou ata douscentos cincuenta socios. Podeste facer socio por unha cuota simbólica de 10 euros para persoas e 30 para empresas. O abono pódese realizar no café Pachamamá de Fene, os Mesóns a Pomba e O Campo de Barallobre, o Café Kom do Seixo ou no campo do Ramo en días de partido ou adestramento.

Deportes

Publica o teu comentario agora