Coa Yamaha 300 para o 2022

Coa Yamaha 300 para o 2022
04 de Xaneiro, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Coa Yamaha 300 correrei para o 2022” afirma o xove de 12 anos Brais Pazo. Para a próxima tempada –que se conta con que principie en marzo do 2021- participará na nova categoría GP Sport junior. Vai correr coa moto que tivo este ano e non vai puntuar. Será unha especie de transición, indica o alumno do IES de Fene. 

ESCOITA O PODCAST:
Alberto, Brais e Noa Pazo en Radio Fene. Fotografía: Xanxe Corral

Agora adestra na escola de pilotos de Narón xunto coa súa irmá Noa Pazo con 8 anos. Con gasolina a súa moto pesa uns 23 quilogramos. “Sempre vou con moita ilusión de poder pasar a unha nova categoría e probar unha nova moto. Con traballo conseguín as primeiras posicións” apunta o admirador de Macrc Marquez. “Tiven moitas caídas pero coa roupa vas moi protexido e somentes nunha ocasión me fixen dano”. 

 

Alberto, o pai de Brais e de Noa, fai de espectador e de mecánico: “Sufres porque non se fagan dano,  pero tamén por posibeis fallos”. Os dous comezaron cunha motocicleta básica que custara 200 euros. Probaron e máis adiante xa mercaron un vehículo máis caro. Reciben a axuda de Motos Julio de Monfero, Restaurante Rocamar, Fibra Coruña Composites, Rios Ebanistas, Noguerol aluminios, Concello de Miño, Peixería A Greta, Driver Campolongo, Servizos Publicitarios Bergondo, Pintega ingenieria, Bar Riazor, a zapatería de Pontedeume Rápido Tamar, Cuba 26 e Franchi 24. Tamén expresan o seu agradecemento ao manager Manuel Lores.

Deportes

Publica o teu comentario agora