Cobadazos virtuais para ver ao ‘Boss’

Cobadazos virtuais para ver ao ‘Boss’

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O acceso global aos billetes obriga a estar máis atento que nunca se non queremos ficar sen cadeira. Este xoves haberá unha nova proba: póñense a venda os pases para o concerto de Bruce Springsteen no Monte do Gozo de Santiago de Compostela.

A apertura da billeteira virtual será ás dez da mañá, na páxina web www.ticktackticket.com e tamén no número de teléfono 902 150 025. O prezo das entradas para o concerto que o músico estadounidense ofrecerá na capital galega o día 2 de agosto é de 65 euros. Malia que o prezo é elevado, polo grande número de fans de Springsteen que o seguen alí onde actúa non habería que desbotar que se esgote o papel en pouco tempo. Para os que fiquen sen entrada para Santiago, saiban que o ‘Boss’ tamén actuará en Sevilla e Valladolid.

Cultura