Coiteladas na alma, unha perspectiva da nosa vida

Coiteladas na alma, unha perspectiva da nosa vida

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Nestes tempos, é importante que os nosos fillos saiban de onde vimos e cara onde imos. Esta cuestión milenaria reflíctese no libro " Coiteladas na alma" creado por un escritor de impulso na comarca do Barbanza , Xosé Plácido Betanzos García. O escritor residente en Palmeira (Ribeira) viviu o tema da emigración en primeira persoa.

A emigración é o eixo sobre que xira o libro de Xosé Placido Betanzos “Coiteladas na alma”. O escritor de Ribeira presenta mañá venres esta novela no Centro Social de Boiro ás nove da noite. Ademais do autor, asistirán ao acto o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes; Santiago García, editor; Xesús Laíño, crítico literario, e Francisco Rodríguez, ex voceiro do BNG no Congreso dos Deputados. 

“Coiteladas na alma” reflicte a penuria que se viviu despois da Guerra Civil, cando moitos dos nosos pais e avós marchaban na procura dunha vida mellor a outras terras lonxe de aquí.

Unha obra doada de ler para tódolos públicos cunha linguaxe empregada é bastante cercana ao lector. Coa súa lectura pódense  vivir auténticas experiencias moi de preto que non fican tan lonxe dos nosos días. Un relato para aportar unha boa perspectiva do que nun tempo fomos e do que nos convertemos.

“Coiteladas na alma” preséntase mañá ás nove da noite no Centro Social de Boiro.

Cultura