As colareiras do Grove

As colareiras do Grove

13 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Patricia Arias Chachero pediu aos seus alumnos e alumnas do Grove que fixesen a semblanza dunha muller. Con este exercicio escolar tiña idea de facer unha especie de “album de mulleres” anónimas para a revista do instituto. Un mosaico de mulleres con nome e apelidos que, polo xeral, non saen nos xornais nin pasan á historia. O resultado foi a narración por retallos da experiencia colectiva das avoas e nais dos rapaces, mulleres que desde hai varias xeraci&oac

Unha historia inseparábel da explotación turística da illa da Toxa: o brutal contraste entre os visitantes da alta burguesía e a poboación autóctona miserábel, os intentos de controlar o negocio das colareiras por parte das concesionarias turísticas e o lento e inacabado proceso de regulación da actividade por parte do concello. Polo medio está tamén a historia de Galicia: as iniciativas para industrializar e comercializar a artesanía das cunchas, a guerra civil e as súas consecuencias, as estratexias de supervivencia de moitas familias e a importancia do traballo feminino, case sempre ignorado ou desprestixiado.

Cultura