Colectivo Oruga dá o pistoletazo de saída ao VIII Curtocircuíto

Colectivo Oruga dá o pistoletazo de saída ao VIII Curtocircuíto

05 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Teatro Principal de Compostela acollerá ás oito e media de mañá venres a festa de inauguración do VIII Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. Nela actuará o grupo Colectivo Oruga que ofrecerá un vídeo-concerto a todos os asistentes, que deberán confirmar a súa presenza no evento a través da páxina de facebook ou da web do festival. O acto suporá o arranque

Curtocircuíto contará con seccións oficiais habituais como o Concurso Internacional, o Explora e o Compostelae. Este ano, este último ten unha variación: as curtametraxes galegas compiten xunto coas estatais, e non por separado, como viña sendo ata agora.

Tamén se suma ás novidades o Concurso Escolas Galegas, que permitirá competir ás mellores curtas feitas nos centros galegos no último ano, e o Encontro dos Centros Audiovisuais de Galicia, que se concreta na dedicación dun día completo á formación e coñecemento do sector da curtametraxe. Ademais, o día 12, dentro da sección Compostela Guión, celebrarase unha sesión de “Pitching”, de cara a ensinar aos novos creadores como vender un proxecto dunha curta aos compradores e inversores potenciais. Igualmente, celebrarase diariamente unha festa específica con DJs profesionais.

A sección paralela inclúe nesta edición unha ducia de programas cos superheroes como protagonistas: Escolas Galegas; Panorama Galicia; País Convidado, que este ano será o Reino Unido;We Can be Heroes; Público Novo; Steampunk; A Cor da Auga; Becoming Fesser; 25 Anos EICTV; 20 Aniversario Colectivos LGBT Compostela; Bonecas Inchables; e Vídeos Musicais.

Dentro do Mercado Internacional de Curtametraxes inclúese este ano o Encontro dos Centros Audiovisuais de Galicia, o Día Galego, o Obradoiro Curto-Visión AS Computer e o xa tradicional Compostela Guión. A noite terá tamén moita vida en Curtocircuíto, con festas, DJs, concertos e a “Happy Hour” (a Hora Feliz). Ademais, dentro da programación e aberta xa ao público está a exposición de orixinais de David Rubín que baixo o título “Un Acto Heroico”, poderá visitarse na Zona “C” de Bonaval ata o 26 de xuño.

 

Cultura