Comeza a reparación da rede de rega

Comeza a reparación da rede de rega
08 de Novembro, 2019 - 01:55 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene reparou a tubaria rota no campo de fútbol do Pote de Maniños pero o rego segue sen funcionar, segundo informou o edil de servizos de Fene, Andrés Serantes. Como queira que a obra está aínda en garantía por un período de cinco anos, é a firma  que a executou quen debe costear a reparación en palabras do edil. Anunciou Serantes que a empresa Oviga comprometeuse a enviar un técnico ao campo o Pote o próximo martes.

O campo do Pote en obras

Oviga rematou a colocación do céspede artificial no campo do Pote de Maniños en marzo de 2017. As obras, cun orzamento de 381.000 euros, incluíron o movemento e compactación do terreo de xogo, a execución da base de asfalto, a subbase, e posterior extensión do manto de céspede sintético, a construción do sistema de recollida de augas pluviais e da rega e o equipamento completo do recinto deportivo. Instalouse herba artificial de 60 milímetros de altura, mono-filamento, lastrada con area de sílice e caucho SBR. A rede de rega conta con seis aspersorios emerxentes controlados por un programador externo. A rede de rega deixou de funcionar no pasado verán. Desde aquela o Cultural Maniños insiste na necesidade de amañalo e no perigo que corren os xogadores por utilizar un campo seco.

Deportes

Publica o teu comentario agora