Comeza a Semana da Muller en As Pontes

Comeza a Semana da Muller en As Pontes

14 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Arrincaron esta mañá as charlas sobre a igualdade nos centros de Primaria e Secundaria de As Pontes- A Cporuña-  nunha nova edición da Semana da Muller nas Escolas que se prolongará ata o venres.
Tamén comeza un obradoiro de cestería en papel reciclado para mulleres, impartido pola artista local Lourdes Acera Olaso na Casa Don Pedro.

O programa arredor do Dia da Muller pecharase con dúas exposicións. A primeira “A muller e a literatura” inaugurase mañá na Biblioteca Municipal. Son máis de 120 títulos, tanto infantís coma para público adulto.
O venres, día 18, inaugurarase a mostra Entre Mulleres, ideada pola Asociación de Artesáns de As Pontes, na que se recollen diferentes traballos ideados polas mulleres artesás pontesas. Ata o 30 de marzo será posible visitala na sala do Mercado Vello.

Tamén nestes días desenvolverase na biblioteca a actividade infantil Elas nos Contos onde os máis pequenos poderán coñecer o papel da muller nas súas historias favoritas.

Sociedade