Comezan as Festas Patronais de Burela

Comezan as Festas Patronais de Burela

27 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Burela acolle dende o 26 de maio ata o martes 7 de xuño as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme. Este ano a actuación estelar será do dúo Andy y Lucas, pero ó longo de toda a semana haberá verbenas, actos culturais, actividades para os nenos e a tradicional ofrenda das alfombras florais.

O sábado 26 xa comezaron as festas de Burela coa inauguración da exposición fotográfica sobre a historia desta localidade mariñá organizada pola AA. VV. Das Casas Baratas e que se pode visitar na Casa da Cultura ademais dun concerto das Corais de Burela e Viveiro. O venres 27 celébrase a Festa de Cabo Verde. A comunidade africana colabora na celebración destes festexos con actuacións musicais, baile e degustación de pratos típicos.
No sábado 28 será o pregón este ano a cargo da burelesa Emilia García López, historiadora e coñecedora da traxectoria vital de Burela. O concerto de Roi Casal e a verbena a cargo da orquestra Atenas porán a nota musical nesta primeira fin de semana. O domingo 29 de maio será o día adicado ó traxe galego. Asociacións e persoas de toda a comarca van participar neste evento lucindo as súas mellores galas. Ademais tamén haberá festa para os mais pequenos da casa durante a tarde. No transcurso da semana hai diferentes actividades organizadas como o karaoke do xoves 2 de xuño.
O venres 3 de xuño no Porto de Burela poderase disfrutar coa actuación de Andy e Lucas e o sábado chega o día grande. O momento mais emocionante chegará coa procesión da Virxe do Carme, patroa da localidade que acompañada de bandas de música e grupos de baile e música tradicional recorrerá as rúas de Burela engalanadas coas grandes alfombras florais. A confección destas alfombras precisa de un bo número de horas para acadar o resultado espectacular que ano tras ano conseguen os mestres alfombreiros e que sorprende a veciños e visitantes ademais de convertirse na maior atracción das festas. O día acabará coa verbena a cargo de Abanico e París de Noia.
Para o domingo 5 e o luns 6 hai preparados pasarrúas e actuacións de bandas de gaitas e música tradicional e festa verbena. O domingo estarán as orquestras Palladium e Charleston e o luns Philadelphia e Aché. O último día, o luns día 7 será a ofrenda floral no porto.

Sociedade