Comezan as obras de remodelación da calzada na rúa Emilia Pardo Bazán

Comezan as obras de remodelación da calzada na rúa Emilia Pardo Bazán

20 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A rúa Emilia Pardo Bazán permanecerá pechada á circulación de vehículos desde pasadomañá mércores, 22 de abril, debido ao inicio das obras de acondicionamento da calzada. A partir desta data o tráfico e acceso de vehículos por esta rúa permanecerá totalmente pechado. Na primeira fase da obra quedará pechado o tramo c

Durante o tempo no que se acometa a primeira fase da remodelación da calzada, os vehículos que deban acceder ao centro de Allariz, deberán utilizar a entrada pola Estrada de Xunqueira. Os automóbiles que circulen pola rúa Emilia Pardo Bazán dirección Alameda, estarán obrigados a realizar o cambio de sentido ou utilizar a saída pola Estrada de Celanova. A circulación de vehículos pesados, transporte de persoas ou mercancías, estará prohibida dende a Estación de Autobuses en dirección Alameda, excluíndo os que realicen o transporte en dirección Celanova. Nos tramos que afecte o corte de circulación, os usuarios de garaxes veranse afectados polo que a Policía Local aconsella que se faga uso da vía pública para estacionar os vehículos.

Sociedade