ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concelleiro de Participación Cidadá de Ferrol, Manuel Santiago, comunicou os acordos acadados na última sesión de traballo entre o Grupo Motor e o Grupo de Análise e Proposta. Órganos que están a guiar o proceso de Orzamentos Participativos no Concello de Ferrol.
Manuel Santiago explicou que na xuntanza celebrada a semana pasada se aprobou o autorregulamento de orzamentos para o 2009 como experiencia piloto. Establecerónse os criterios para determinar que propostas se financiarán con cargo á partida de 350.000 euros e se concretaron os horarios dos sete puntos de atención cidadá que se habilitarán na cidade para facilitar cumprida información sobre o proceso, favorecendo por tanto a participación no mesmo.
En relación aos criterios establecidos para a valoración e selección de propostas, Grupo Motor e GAP acordaron establecer unha clara diferenciación entre as propostas de investimento e mantemento e as propostas de actividades e programas. As primeiras valoraránse en función de dous aspectos, a súa natureza e a súa contribución para paliar o grao de abandono ou deterioro da zona obxeto de intervención. Segundo cumpra en maior ou menor grao con estes principios, a proposta recibirá unha puntuación de cero a 20 puntos. En canto ás propostas de actividades e programas, se terá en conta o colectivo ao quen van dirixidas e o seu contido. Como no caso anterior, o grao de cumprimento establecerá unha maior ou menor puntuación cun máximo de 20 puntos.
Na mesma xuntanza acordouse abrir o rexistro de participantes para aquelas persoas que desexen votar nas asambleas. O prazo comeza hoxe e se manterá vixente ata o 18 de setembro. A inscrición realizaráse en calquera dos sete puntos de atención habilitados nos cinco barrios establecidos e no Concello, e as perssoas que se inscriban poderán levar un resgardo ou comprobante.
Fóra dos acordos tomados na sesión, estableceuse o calendario de charlas informativas sobre o proceso. Mañá martes haberá charla no Centro Municipal de Emprego ás 7 da tarde. O xoves na AVV O Lago de Doniños á mesma hora, o sábado na AVV Río da Ponte de San Xurxo ás 5:30 e o domingo no asociación O Cruceiro de Valón ás 8 do serán.