Como mellorar a vida dos doentes de cancro

Como mellorar a vida dos doentes de cancro

28 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene- A Coruña-  acolle este venres a xornada “Intervencións para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por cancro”. Concello de Fene, a Asociación" Máis Vida" e KineSalus organizan esta actividade que se celebrará no salón de actos da Casa da Cultura, o venres 2 de marzo, a partir das 18.30 horas. No encontro participarán o director médico do Balneario de Guitiriz, Dr. Salvador Ramos Rey, a fisioterapeuta do

A xornada “Intervencións para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por cancro” comezará cunha charla sobre os servizos que pode ofrecer un balneario aos/as enfermos/as de cancro. A continuación falarase sobre a prevención e o diagnóstico precoz do Linfedema e sobre o exercizo físico para persoas afectadas por cancro. O acto concluirá cunha mesa redonda na que poderán intervir os asistentes.

Os horarios previstos son:

18.30 Presentación

18.35 h Que servizos pode ofertar un balneario ás persoas afectadas polo cancro?

19.30 h Prevención e diagnóstico precoz do linfedema.

20.10 Exercicio físico para persoas afectadas polo cancro. Revisión de propostas.

20.30 Mesa redonda coa participación do público asistente. 

 

Sociedade