Como nova

O Concello inviste máis de 43.000 euros nas obras de mellora na unitaria de Sillobre.
17 de Xaneiro, 2020 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

As obras na Unitaria de Sillobre incluíron o acceso de entrada, renovouse o chan da zona de xogos, tamén se substituíron os teitos das aulas e a iluminación e se reformaron os aseos.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, visitou esta semana a escola unitaria de Sillobre para supervisar o remate das obras de mellora realizadas no centro escolar. Intervencións que contaron cun orzamento superior aos 43.000 euros con cargo a fondos propios e que se executaron tanto no interior como no exterior do inmoble. En concreto, o Concello procedeu ao acondicionamento do acceso, mediante a creación de itinerarios a base de formigón prensado delimitados por pedra blanca.

Tamén se actuou na zona exterior de xogos, onde se sitúan diferentes elementos e o areeiro. Alí, instalouse un novo chan de caucho. Xa no interior, o Concello realizou traballos de pintado, renovou os teitos e a iluminación e, finalmente, executou a reforma integral dos aseos. Intervencións todas elas moi demandadas pola veciñanza da parroquia.      

    
Institucional

Publica o teu comentario agora