Como suplir as carencias económicas e de internet

Como suplir as carencias económicas e de internet
13 de Abril, 2020 - 12:59 h. | Publicada por Radio Fene

Os Servizos Sociais municipais de Fene puxeron en marcha diferentes accións encamiñadas a axudar ás persoas maiores e aos estudantes do concello. Tentan suplir a falta de internet nos fogares.

ESCOITA O PODCAST:

Entre 80 e 90 persoas entraron na prestación de axuda no fogar no concello de Fene, desde que se inicioi a crise sanitaria. Concederon ao concello máis de 3.000 horas de prestación para cubrir estas necesidades. Nesta situación extraordinaria, a Xunta de Galicia asume o importe que debía pagar o usuario. Cada día que pasa, máis vecinos e veciñas de Fene precisan da axuda dos Servizos Sociais municipais. Entre ERTES, esperas para cobrar o paro, e outras circunstancias, cada día se suman familias ás que o concello facilita os vales para asegurar, cando menos, a comida. Aparte das que xa teñen axuda a domicilio, unhas 35 persoas novas necesitan algunha prestación de emerxencia a causa do confinamento. Esa axuda canalízase a través dos SS SS se é posible, senón bota unha man Protección Civil ou se bota man da empresa Atendo.

En relación co ensino e coas familias que non disponen de internet para seguir as clases no domicilio, os servizos sociais municipais están colaborando achegando os contados e os deberes escolares fotocopiados ás casas co fin de que non perdan o ritmo escolar.

Segundo nos informa a concelleira responsable da área de Benestar, Mª Carmen Martínez, desde o seu departamento elaborouse unha listaxe de persoas de Fene maiores de 75 anos ás que se vai chamando a diario, por orde de maior a menor, para saber qué precisan porque non todas teñen acceso a internet e á información que se proporciona a través da páxina web municipal. Dúas traballadoras dos Servizos Sociais encárganse deste labor que pretenden seguir avanzando a un maior ritmo.

Outro servizo que se pon en marcha é o de continuar a través de Radio Fene os obradoiros de “Memoria activa”. Será os luns e mércores na sintonía da radio, no 107.7 da FM. Trátase de que non perdan o ritmo quenes están no procesod e recuperación da memoria.

Institucional

Publica o teu comentario agora