Como un poliño mollado

Como un poliño mollado
25 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O alcoholismo é un problema que moitas mulleres viven en soidade e ás agachadas. Falamos dos estragos que causa esta enfermidade mental ás mulleres e de como se pode saír adiante con María e Mariel, dúas usuarias do Grupo 24 horas de Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“O alcoholismo das mulleres é aínda máis complicado”, asegura María. “Vívese con máis vergonza de pedir axuda”. Frustración, tristeza e, sobre todo, culpabilidade. Así describe os sentimentos que tiña Mariel. “Bebía para todo e sentíame moi mal e moi culpable”. As dúas destacan a importancia de atención 24 horas que ofrece o Grupo con sede na rúa da Mercé, 11, baixo, en Ferrol vello. E ofrecen unha mensaxe de esperanza. “Pódese saír da bebida e sentirte ben, tranquila, en paz”, afirma María. “Eu sabía que tiña un problema, pero non sabía que estaba enferma porque é unha enfermidade mental. Estaba moi triste, decepcionada e sentíndome moi culpable. Cheguei como un poliño mollado”, relata Mariel. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora