Comparsas e carrozas, o entroido peta ás portas

Comparsas e carrozas, o entroido peta ás portas

14 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes ten preparado o programa de actividades que se desenvolverán no municipio con motivo da celebración do Entroido 2011. Unhas actividades dirixidas tanto a nenos como a maiores, coas que dende o Concello esperan entreter a veciños e visitantes. Aínda que como é costume, o día grande destes festexos será o 12 de marzo, Sábado de Piñata, o martes de Entroido día 8 de marzo tamén terá lugar unha gran &ldq

Uns días máis tarde, o sábado 12 de marzo “Sábado de Piñata”, terán lugar os actos que centrarán a festividade do Entroido no municipio, co tradicional desfile e concurso de disfraces para nenos e maiores.

A partir das 17 horas dará comenzo o desfile dos disfraces polas principais rúas do pobo ata o campo da feira, onde se celebrará o concurso, no que se terá tamén en conta a actuación dos participantes durante o percorrido do desfile. 

Un concurso no que haberá diferentes categorías, a de carrozas, a de comparsas infantís e de adultos, e a individual tamén diferenciada entre nenos e maiores. En canto ás caracterísiticas de cada unha das categorías, na de carrozas non haberá límite de idade ou número de integrantes, aínda que sí se limitarán as dimensións da carroza. A categoría de comparsas estará dirixida a grupos de persoas de máis de 5 integrantes, sendo o apartado de adultos para maiores de 16 anos e o de infantís ata os 16 anos. Por último na categoría individual poderanse presentar disfraces de ata un máximo de 5 integrantes coa mesma diferenciación que a anterior en canto a adultos e infantís. 

Máis de 4.000 euros en premios

O Concello de Ordes repartirá máis de 4.000 euros en premios aos mellores disfraces deste concurso que estarán repartidos da seguinte maneira: 

- Categoría de carrozas: haberá un primeiro premio de 700 euros e un segundo de 500 euros.

- Categoría de Comparsas: para adultos haberá un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 300 euros. Para o apartado de infantís os premios serán de 250, 200 e 175 euros respectivamente.

- Categoría Individuais: para adultos haberá tres premios, o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 euros e o terceiro de 100 euros. Para o apartado de infantís o primeiro premio será de 150 euros, o segundo de 100 euros e o terceiro de 90 euros. 

Ademais a estes galardóns sumarase tamén outro premio á simpatía dotado de 200 euros, e un premio especial do Concello de Ordes á mellor comparsa municipal dotado de 300 euros.

O fallo do xurado coñecerase o mesmo día do concurso. 

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no concurso xa poden realizar a súa inscrición ata o vindeiro 9 de marzo no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes en horario de 9 a 14 horas, ou ben chamando aos teléfonos 981680002/ 981680157. 

Dende o goberno local ordense, o alcalde, Manuel Regos, anima aos veciños e veciñas de Ordes a que participen nesta festa adicada ao entroido que, ano tras ano, se ten convertido xa en todo un referente na comarca.

Sociedade