Competiron ben

Competiron ben
04 de Abril, 2023 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

Levou os tres puntos de Maniños o líder da Segunda División Galega de fútbol feminino. Cultural Maniños 1-3 Atlético San Pedro, nun partido que foi “moi competido”, explicou a Radio Fene o adestrador a Juanjo Iñiguez, Cebolo.

ESCOITA O PODCAST:

“Foron superiores, pero o meu equipo competiu moi ben”. O Maniños comezou marcando cedo, pero as rivais déronlle a volta ao encontro. “Ao final marca a calidade das xogadores do Atlético San Pedro, que son lideres. Nós saímos moi concentradas, elas viñan un pouco relaxadas e collémolas nunha contra, dedicámonos a defender moi ben e ao verlle as orellas ao lobo cambiaron”, relata o técnico do Maniños. Agora teñen por diante unha semana de vacacións, descanso e procesións antes de acudir aos Pinares xogar contra o Perlío.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora