Completar equipo

Completar equipo
26 de Outubro, 2021 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío non sabe ainda se se celebrará o partido da próxima xornada fronte ao Orzan B na Coruña. O outro equipo é un dos candidatos ao ascenso pero parece que ainda non presentou a totalidade das fichas e de feito o seu primeiro partido non se celebrou a pasada xornada. O conxunto dos Pinares espera incorporar nos vindeiros dias a dúas xogadoras para completar unha plantilla curta para a Segunda División da Liga Galega Feminina de fútbol, segundo o adestrador Juan José Lorenzo. 

ESCOITA O PODCAST:
Perlío - Narón O Freixo

A primeira xornada estivo marcada polas baixas do Perlío que contaba cunha única suplente. Enfrontouse a outro dos candidatos ao ascenso, o Narón O Freixo. O partido, xogado na mañá do domingo en Perlío, rematou cun tanteo de 0-6.

Deportes

Publica o teu comentario agora