Compostela acolle hoxe o I Festival contra a Homofobia

Compostela acolle hoxe o I Festival contra a Homofobia

21 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Co fin de poder gozar tamén da celebración do Día das Letras, un grupo de activistas compostelásn pola loita de dereitos de lesbianas, gays, bisexuais e transexuais (LGBT), decidiron atrasar a celebración do Día Internacional contra a Homofobia, fixado tamén o 17 de maio, á xornada de hoxe xoves. Deste xeito, a praza do Irmán Gómez acollerá

Este I Festival contra a Homofobia está aberto a todo o que queira participar. A Pantera Rosa, grupo activista pola loita LGBT ofrecerá un espectáculo relacionado coa transexualidade. Finalmente, a partir das nove da noite, actuarán no marco deste evento o grupo de hard-rock Tungsteno; Marmota Phil, banda de pop-rock indie e tamén se escoitará o rock de John Deeres.

María Royo, unha das organizadoras do festival, afirmou en Radiofusión que con eventos deste tipo queren “loitar contra a intolerancia e pola normalización do colectivo LGBT no día a día”.

Cultura