Compricado buscar sustituto para Manolo Washington Ferrer en Ortigueira

Compricado buscar sustituto para Manolo Washington Ferrer en Ortigueira

22 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A directiva do Ortigueira continúa a súa busqueda de sustituto do anterior técnico do club Manolo Washington Ferrer. Non é fácil atopar un entrenador afirmou esta fin de semana o presidente da entidade Olegario Blanco. Buscamos unha persoa que se faga cargo da dirección técnica de todo o club, incluida a base. Ten que ser un técnico con marxe de maniobra suficiente para desprazarse a Santa Marta de Ortigueira varios días a semana para planificar

A marcha de Manolo Ferrer producíuse uns días antes de comezar a liga na Segunda Autonómica de Ferrolterra. Ferrer fixo toda a pretemporada co equipo do Ortigueira e nos primeiros días da última semana do verán marchou do club. A directiva do Ortigueira contactou con varios entrenadores e fíxolles unha oferta pero as exisencias do Club non compatibilizaban cos intereses destes técnicos. Olegario Blanco afirmou en Radiofusión que pretende que o novo adestrador do primeiro equipo tamén faga funcións de secretario técnico do club e que, polo tanto, se faga cargo de todos os equipos da base.

Deportes