Compromiso

Rodríguez Bastida xa era militante de Compromiso por Galicia que é a primeira vez que se presenta en Fene a unhas eleccións locias..
25 de Abril, 2019 - 10:46 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe falamos da lista coa que se presenta Compromiso por Galicia aos comicios locias de Fene. Facémolo con Xoan Manuel Rodríguez Bastida que é o candidato á alcaldía nesta proposta política.

ESCOITA O PODCAST:
Bastida

A filosofía é a mesma que tiña Somos Fene cando se presentou hai catro anos. En palabras de Bastida, a lista ten novidades pero en esencia moitos candidatose candidatas érano na anterior convocatoria. Quere significar o cabeza de lista de Compromiso por Galicia que o seu obxectivo prioritario é Fene e non as directrices de partido. “En Lalín ou en Muros podemos atopar os referentes da maneira libre de facer política esta formación", afirma o candidato fenés.

Non aparece na candidatura César Castro por razóns profesionais, no seu lugar está unha muller de Vilanova- Sillobre da que nos fala na entrevista. A experiencia de goberno e iniciativas que están por desenvolver son a bandeira programática de Compromiso por Galicia. Bastida cita o cine Adriano ou a Casa de Cela como proxectos de futuro que poden aportar a Fene unha singularidade que saque a este concello do ostracismo.

Institucional

Comentarios

E ainda presume de que son os mesmos de Somos Fene? A min engañoume unha vez, pero non vou votar a alguén que manteña o PP na Alcaldía. Espero que os outros votantes engañados lle deamos unha patada no cú a este tipo.
Nome: 
Xan de Maniños

Publica o teu comentario agora