Con 4 baixas, o Perlío recibe a un Narahío sorprendente e perigoso

Con 4 baixas, o Perlío recibe a un Narahío sorprendente e perigoso

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío recibe a un Narahío sorprendente. Figura nos postos baixos da clasificación da Segunda Autonómica de fútbol. E decimocuarto con 26 puntos. Pero ven de gañarlle ao anterior lider, o Ortigueira, e desplega un bo xogo que sorprende aos contrarios. O Perlío é sexto con 42 puntos.

O adestrador Fernando Alvarez terá que recurrir a 2 ou 3 xogadores xuveniles para completar a convocatoria, dadas as numerosas baixas coas que afronta o partido desta xornada. O capitán Angel Bastida ainda empezou a adestrar a pasada semana e ata dentro de quince dias non poderá estar a disposición do técnico. Tamén Maroño podería ser baixa dado que sofreu en Pontedeume unha lesión nun xeonllo e ten tocado o ligamento. Ramón (cartón bermello) e David Durán (acumulación de cartóns amarelos) tampouco xogarán por sanción, o que restrixen ainda máis o plantel do equipo dos Pinares.

O Narahío é un equipo perigoso, segundo o adestrador do Perlío Fernando Alvarez, que convocou aos seus xogadores para esta tarde e para mañá venres. O partido Perlío – Narahío comezará o domingo ás 4,30 da tarde no campo dos Pinares.

 

Deportes