Con seis chegan, pero queren nove

Con seis chegan, pero queren nove
14 de Maio, 2022 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre recibe ao Mandiá no campo do Ramo o domingo ás seis da tarde. Pitará o colexiado Eduardo Morales. Ao Barallobre quedanlle tres partidos, nove puntos en xogo. O colaborador do Barallobre David Seijo pensa que con seis puntos chegarían para asegurar a permanencia na Segunda Galicia de fútbol. 

ESCOITA O PODCAST:

David Seijo, colaborador da S.D.Barallobre

http://173.255.131.18/audio/130522SEIJO.mp3

Fotografía Xan Xe

O Maniños non ten partido esta fin de semana despois de finalizar a fase de ascenso a Preferente Galicia. Para a vindeira fin de semana xogará a Copa da ría. O Maniños B descansa esta fin de semana. 

Deportes

Publica o teu comentario agora