A concelleira de Chapela, Lorena López, no novo comité executivo do PPdeG

A concelleira de Chapela, Lorena López, no novo comité executivo do PPdeG

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Lorena López Rodríguez, veciña de Chapela e concelleira do PP en Redondela, foi elixida esta fin de semana no XIV Congreso do Partido Popular de Galicia para formar parte do novo Comité Executivo. A edil afirmou sentirse satisfeita por formar parte do comité e asegurou que traballará por e para os veciños de Redondela, atendendo as súas necesidades e defendendo os seus intereses.

Na mesma liña manifestouse a presidenta do PP local, Francisca Canal, que amosou o seu agrado, e asegurou sentirse orgullosa de que unha concelleira de Redondela forme parte do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia. Unha cuestión que, segundo Canal, demostra a importancia e consideración que o presidente da Xunta lle ten ó noso municipio.

Sociedade