Concentración conmemorativa da morte de Moncho Reboiras

Concentración conmemorativa da morte de Moncho Reboiras

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Unión do Povo Galego organiza para este serán a súa tradicional concentración conmemorativa da morte de Moncho Reboiras, acaecida en Ferrol en 1975. Nesta ocasión o Estado ven de recoñecer o carácter de víctima do franquismo do militante nacionalista.

A UPG concentrarase ás 7 da tarde no número 27 da rúa da Terra de Ferrol, o lugar onde morreu Reboiras a mans da Policia Armada do franquismo. Dirixiranse aos asistentes Nemesio Barxa, Xesús Seixo e Francisco Rodriguez, ex-secretario da UPG. Reboiras era un home comprometido con Galicia segundo afirma a súa  ex- compañeira na   loita, Marisa López. Para Marisa, Reboiras veía Galicia dun xeito distinto.Neste ano 2009 preséntase tamén un libro con testemuñas de 25 persoas que compartiron militancia e vivencias con Moncho.

Sociedade