ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Centro de Información á Muller (CIM) e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro convidan a todos os cidadáns, grupos políticos e asociacións locais a participar na concentración de solidariedade polo asasinato da moza de Noia Gloria García, de 19 anos, que terá lugar o vindeiro mércores día 18 de maio ás 11.00 horas na Praza de Galicia.
Lerase un manifesto de condena e gardarase un minuto de silencio en memoria da vítima.
O Departamento de servizos sociais e o Concello de Boiro queren tamén recordar ás persoas da nosa localidade que poidan estar sufrindo situacións de violencia ou acoso que dispoñen de servizos gratuítos e especializados, totalmente confidenciais á súa disposición no Centro de Información á Muller, C.I.M. do noso Concello, teléfono 981 84 28 26.