Concentracións contra as reválidas

Concentracións contra as reválidas

24 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase hoxe martes 24 de maio ás 11:15 horas diante da Consellaría de Educación, en Santiago, para amosar o seu rexeitamento ás reválidas no día no que se inician as probas de 3º de Primaria. Esta concentración forma parte da campaña que puxo en marcha a Plataforma  que ten como obxectivo que as familias non envíen aos seus fillos e fillas a facer as reválidas. 

Máis do 80% do alumnado dos centros públicos secundou o boicot no caso das  reválidas de 6º que se realizaron os días 11, 12 e 13 de maio.

Sociedade