Concerto de Nadal en Ordes

Concerto de Nadal en Ordes

18 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Ordes acollerá, mañá domingo 19 de decembro ¡á oito do serán, a celebración do tradicional Concerto de Nadal. Unha cita musical que contará coa participación de tres formacións que coa súa música animarán a todos os asistentes con motivo das festas de Nadal.

As formacións que terán o protagonismo no escenario serán a Banda de Música de Ordes, a Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra e a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo. 

Está previsto que o concerto, que está organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes, dea comenzo a partir das 20 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Sociedade