Condena do asasinato de Mª Luísa Jiménez

Condena do asasinato de Mª Luísa Jiménez

26 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A MMM chama a unha concentración ás 20h na Praza de Armas, diante do concello de Ferrol. Dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Fene, convócouse esta mañá ao persoal do Concello, ao persoal político e á cidadanía, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condena do asasinato en Lugo de Mª Luisa, de 37 anos, embarazada de poucas semanas e n

A morte de Mª Luisa produciuse no marco da violencia de xénero e o maltrato continuado que exercía sobre ela -e tamén sobre os seus fillos- o seu marido, José Cortiñas Romero, de 43 anos. O home, veciño de Lugo, xa ingresou na prisión de Monterroso. Asasinouna o domingo e onte encontráronse os seus restos perto do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela.

Condena da Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores na concentración en condena da violencia de xénero organizada diante do Concello de Lugo tras o asasinato de María Luísa Jiménez, residente na capital luguesa.

Gómez Besteiro expresou a “súa máis rotunda e absoluta condena” a este novo asasinato machista” e trasladou “o máis sentido pésame ós familiares” da vítima.

O titular provincial defendeu que a loita contra a violencia de xénero debe ser unha “prioridade” para os poderes públicos, que ten que ir acompañada de medios económicos e dunha lexislación forte, que protexa os dereitos e libertades. 

Sociedade