ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Traballaba na cafetería da Estación de Autobuses de Ferrol e non para a Directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, afirmaron esta mañá a Radiofusión dende o Gabinete de Prensa da Consellería de Traballo. As mesmas fontes indican que, en último caso, a ferrolana Ana María Diaz faráse cargo da indemnización por despido da empregada.
A número tres da Consellería de Traballo, Ana María Díaz, ven de ser condenada por despido improcedente a unha empregada de fogar que traballaba no seu domicilio. A asistenta completaba a súa xornada como axudante de cociña no restaurante familiar do alto cargo de traballo na Estación de Autobuses de Ferrol. Segundo o fallo, a pluriempregada estaba sen contrato e sen estar dada de alta na Seguridade Social durante seis meses.
O fallo xudicial condena subsidiariamente Díaz por ser quen comunicou o despido e por crear confusión xurídica e material en dúas relacións laboráis, á que empregaba á traballadora no bar e como asistenta no domicilio particular da Directora Xeral da Xunta. Asemade o xuíz obriga á Sociedad Civil Delmiro Díaz Rodríguez y otro, do pai e irmán de Díaz, a pagar o salario de tramitación de 1.500 euros e a indemnizar e readmitir no seu posto á empregada despedida.